Translate

lunes, 30 de septiembre de 2013

QUATRIÈME CLASSE



Salut à tout le monde! :)


Je suis là, une autre semaine.


On va parler aujourd’hui sur la quatrième classe, dans laquelle s’a parlé d’un cadre européen de reférence pour les langues (CECRL).




Je pense que cette classe à été d’une grande importance pour la vie cotidiane: on a beaucoup  appris sur les difèrentes niveaux de reférence, pour clarifier le lieu ou chaq’un doit se situer dans les diférentes langues que nous connaisons. Moi, par exemple, je peux le faire avec la langue espagnole, galicienne, anglaise ou française.




Xa quedou máis que demostrado que todos estabamos realmente interesados no coñecemento dos seis niveis e as súas características, posto que existían moitas dúbidas en case todos nós, polo que podería dicir que "matamos" ó profesor a cuestións. Estas, estaban todas elas relacionadas co nivel de inglés que nos esixen ó rematar a carreira e co valor que pode ter o "First" en toda a Comunidade Europea, así como o B2 soamente o ten dentro de España.


Resumindo un pouco, hei de admitir que foi unha clase totalmente produtiva, como seguro que serán todas as que nos quedan.



J’espere que vous aurez une bonne semaine :)

viernes, 27 de septiembre de 2013

Tâche 1: Connaître sa classe

Salut! Je vous prèsente ma tâche 1. J'espère qu'elle vous plaît, e tamén espero que me resulte máis fácil a seguinte! :)

lunes, 23 de septiembre de 2013

TROISIÈME CLASSE

La classe du lundi, le 23 de setembre, a comencé en parlant sur les caractéristiques d l’etablissement scolaire , et sur les diffèrences entre elles.



 Après, un petit résumé sur les differents tipes des traditions pédagogiques: la grammaticale et la communicative; de plus, de la relation enseignant-enseigné. 

A pesar de ser temas xa aprendidos, gústame moito ter a oportunidade de estudalos nunha lingua estranxeira, xa que, deste modo, aprendo cantidade de conceptos en diferentes linguas, ademais de refresca-la memoria y engadirlle ó tema máis detalles que non coñecía. 

Finalement, en reprenant un élément très important, presque le protagonista de notre future profession, on a étudié les objetifs: sa definition, son pourquoi et sa utilisation dans l’ensigmnement de la langue étrangère.
 En resumo, penso que estes son temas cunha gran importancia, xa que son elementos fundamentais na nosa carreira, polo que é de gran valor perfeccionar cada vez máis os nosos coñecementos sobre eles.


 J’espère qúil vous plaît ce petit texte sur mon opinion de la classe :)
Au revoire!

lunes, 16 de septiembre de 2013

SECONDE CLASSE


Bonjour à tous les personnes qui visitent mon blog!

Falando un pouco sobre a clase desta semana , do luns día 16 de setembro, aclarar que foi moi interesante, a mellor das que levamos ata agora, sen dúbida (si, soamente levamos 3).
La clase de la semaine a versé sur l’ enseignement et l’apprenant des langues.

Le proffesour nous a expliqué les caractéristiques de l’apprenant, comme l’âge, avec l’etape d’ apprentissage de chaqun, et ses principaux caractéristiques, et on à souligné le plus important de chaquine.

   Je pensé qúil est toujours fantastique d’apprendre sur les differents étapes de notre vie, lors qu’on las a passé, et les diferences entre être petits et grands.


   On a aussi appri que que chose sur les étapes daus l’adquisition d’une L.E, la famille linguistique, el interlangue, et sur le concept d’erreur, que j’ignorais.

   Debo admitir que sinto que estou a aprender bastantes conceptos nesta materia, cousa que me alegra : )

Agora e, despois da clase que aínda me queda por comentar, espero ansiosamente  a próxima clase (en verdade non tan esaxeradamente ^.^)


J’aime voir que ce blog est chaque jour un peux plus grand, et aussi ma tâche 1…

jueves, 12 de septiembre de 2013

Mon langues




Esta entrada está dedicada expresamente ás linguas presentes na miña vida. 

Falando un pouco sobre min, debo facer referencia ós diferentes idiomas que, nalgún momento da miña vida, estiveron presentes nela.
Para comezar, o castelán, a miña lingua materna, coa que aprendín as miñas primeiras palabras, e coa que me relaciono día a día no meu medio.




De forma paralela, atópase o galego, xa que, da mesma forma que o castelán, está presente na miña vida dende pequena, e fago uso dela todos os días. A pesares de non falala durante todo o día, recoñezo que a prefiro ó castelán. Así, sempre á hora de facer traballos/tarefas/actividades ou realizar un exame, sempre prefiro facelo nesta lingua.
 


O inglés é unha lingua que, coma case todos nós, apareceu na nosa vida dende pequenos, xa nos primeiros anos da escola. Pro desgraza, hai 3 anos que non a sigo estudando, dende o remate do Bacharelato. Este ano matriculeime na Escola Oficial de Idiomas en Vigo, coa esperanza de continuar con esta lingua pero, por mala sorte, non fun seleccionada. Aínda así, teño pensado estudar pola miña conta e presentarme ó exame do B1 neste 2014, xa que penso que ter esta acreditación é algo imprescindible actualmente. 
O inglés é a lingua máis utilizada, e é a máis coñecida, ademais de ser unha das poucas coas que me podo mover por todo o mundo. Por esta razón teño en mente continuar estudando este idioma en canto poda. Tamén, hei de destacar que, a parte de agradarme, traballo bastante con ela, vendo series nesta lingua, subtituladas en castelán, e sempre sinto gran curiosidade por todas as cancións neste idioma, polo que as traduzo para coñece-lo seu significado.


Para continuar, o francés é unha lingua que sempre me gustou pero, pola contra, nunca a estudie. Por iso este ano tomei a decisión de escollela, para aprender algo sobre ela. Ademais, teño a sorte de contar cunha nai que ama este idioma, polo que me ensina cousas, e resolve todas as miñas dúbidas, axudándome en todo o posible. Nun futuro (espero que preto), gustaríame comezar a estudar esta lingua de verdade.

Como última lingua, gustaríame destacar o portugués, que é unha lingua que nunca estudei, pero da que penso que “controlo” bastante, xa que paréceme interesante e, da que tamén conto coa sorte de ter amigos que viven en Portugal, polo que me vexo obrigada a falar esa lingua para relacionarme cos seus amigos.

Finalizando, é do meu agrado dicir que espero continuar aprendendo máis sobre todas estas linguas: o seu vocabulario, a súa gramática, a súa pronuncia, expresións, etc… resumindo, saber moverme e relacionarme con todas as linguas, ser competente en canto a todas elas.
 Ademais, levo un tempo tendo en mente a idea de comezar a estudar alemán pronto, posto que actualmente é unha das linguas máis pedidas, xunto co inglés e co chinés.

lunes, 9 de septiembre de 2013

Première classe: un succès

Parece que hai que comezar a darlle un pouco máis de vida a isto, por iso vou facer alusión á primeira clase deste curso, a do luns 9 de setembro.

Nunha tarde calurosa de verán, onde nos atopábamos todos sufrindo pola calor, os nosos oídos puxeron atención ó que se nos estaba a contar, aprendendo así un pouco máis do que xa sabiamos. Non tratou un tema novo que nunca déramos, mais si que foi una clase diferente a todas as xa experimentadas, posto que foi dada en francés, algo novo para algúns. A pesar de ter pánico a non entender, hei de admitir que isto non sucedeu así.

Je veux remerçier les magnifiques explications du professeur, avec lesquelles j’ai parfaitement entendu la difference des distincts types des langues et l’utilisation de chaqune.
Je dois aussi dire que les gestes du professeur m’ont beaucoup Aidé, parce-qu’il est très expressif, merçi beaucoup :)
Con esta primeira clase superada, as ganas de seguir aprendendo nesta lingua aumentan!
  
Ma suivante publication va traiter sur ma première tâche (ou iso espero).

Ata a próxima :)