Translate

jueves, 28 de noviembre de 2013

TÂCHE 4. AIDER À PRODUIRE



TÂCHE 4: AIDER À PRODUIRE 

Para levar a cabo esta actividade, primeiro lembraremos rapidamente os contidos a traballar e o obxectivo  elixidos para a materia coñecemento do medio natural, social e cultural do 3º curso de Primaria, co nivel A1 de lingua estranxeira francesa:
-Como contidos, temos a identificación das partes externas do corpo e de algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
-O noso obxectivo trata sobre a participación activa no traballo de grupo planificado e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinións e contrastándoas coas cas das outras persoas e adoptando un comportamento responsable.


ACTIVITÉ DE EXPRESSION ORALE

Description :
A actividade de expresión oral que levaremos a cabo ten como fin o total coñecemento das partes externas do corpo humano, e leva o nome de “Mon corps”.




Para a súa realización, crearei un vídeo no que apareza unha persoa, en diferentes diapositivas, ensinando unha parte do corpo, sinalándoa para que o alumnado capte á perfección a parte a destacar. Enriba desa persoa, aparecerá un carteliño con ocos, pertencentes a cada unha das letras que compoñen a palabra. Ademais, para que sirva de axuda, aparecerán unha ou varias pistas (letras descubertas) para unha resolución da palabra máis fácil.
A profesora asignaralles números ó azar ós alumnos, quedando así parellas descoñecidas. Unha vez que cada alumno coñece o seu número, reproducirá o vídeo na clase cun proxector. O alumnado, lembrando as actividades de comprensión realizadas en sesións anteriores, nas que adquiriron os coñecementos, deben apuntar no folio individualmente, como recomendación para non esquecerse, o nome de cada parte que se sinala.
Despois, haberá unha segunda reprodución do vídeo, no que a profesora porá diapositivas ó azar. En voz alta dirá un número, correspondente a dous alumnos, e estes deben grita-lo nome da parte correspondente. No caso de pronunciar mal a palabra algún ou ambos compoñentes do grupo, haberá rebote para outro número, e así sucesivamente.
Unha vez postas varias veces todas as diapositivas, co fin de que todo o alumnado remate sabendo á perfección a pronuncia das partes do corpo, serán os mesmos alumnos os que saian diante de toda a clase e sinalen unha parte do seu corpo do seu compañeiro, seguindo os mesmos pasos para responder, e sendo a parella que acerte a mesma que sairá a sinalar de novo.
Para avalia-los seus coñecementos, profesora irá apuntando no encerado o número de acertos de cada “número”, a modo de torneo.


Temps de réalisation :
Os alumnos contarán aproximadamente con 40 minutos para realiza-la actividade :
                ·Visualización do vídeo varias veces: 2 minutos para a primeira e unha media de 15 minutos as diapositivas ó azar.
                ·Alumnos sinalando as partes dos compañeiros: 20 minutos

Ressources :
-Proxector, altofalantes e ordenador para a reprodución do vídeo.
-Folla e bolígrafo ou lapis para que o alumnado poda apuntar na folla o nome correspondente.


Sources d’information:
O  exercicio de expresión oral está realizado con material orixinal, xa que o vídeo e cada unha das súas diapositivas foron creadas por min, por medio do programa MovieMake, e compartida a través de YouTube.



ACTIVITÉ DE EXPRESSION ÉCRITE 

Description:
Entrégaselle unha ficha destas a cada alumno:


Nela, aparecen imaxes na que personaxes diferentes din unha frase cada un, aportándonos información sobre algunha das partes do seu corpo, que aparece enriba de cada unha, onde hai un oco en branco. Na parte inferior dereita, aparecen unha serie ocos, nas que aparecen algunhas letras, como pistas. O alumnado debe cubrir eses ocos coas letras que conteñen os nomes dalgúns órganos do corpo humano, estudado xa anteriormente. Unha vez cubertas, deben encher os ocos das frases de cada debuxo cos termos dos órganos correspondentes.
Ó rematar cada alumno coa súa ficha, agruparanse por pequenos grupos de 4 para así comprobar os resultados. A profesora, amosando co proxector a mesma ficha en gran tamaño, mandará saír a cada grupo ó encerado. Sinalará un dos debuxos e, cada un dos compoñentes do grupo, deberá escribir o concepto sen mirar polo compañeiro de o lado. No caso de non coincidir todos, os integrantes do grupo deberán debater cal é o correcto.
O obxectivo principal desta actividade é o de coñecer e saber situar os distintos órganos do corpo humano. Ademais, os alumnos serán avaliados polas súas fichas, tendo en conta tamén o realizado no encerado e a súa participación e comportamento adecuado cos outros compoñentes do grupo.


Temps de réalisation : para a súa realización contaremos cunha sesión enteira, de 50 minutos:
                ·20 minutos para a realización da ficha
               ·30 minutos dos grupos escribindo no encerado o que a profesora escolle

Ressources :
-Lapis/bolígrafo, 20 fichas (unha por alumno), rotuladores para escribir no encerado.
-Proxector e ordenador para a profesora sinalar as imaxes.

Sources d’information:
Esta actividade de comprensión oral foi creada totalmente propio, xa que a ficha moi feita por min, debuxada a man. Non utilicei ningunha foto de ningunha fonte.


RÉFLEXION

·        Organisation

Para comezar a realiza-las actividades de expresión escrita e oral, primeiro volvín ler por riba as tres tarefas anteriores, para lembrar todas as características coas que estaba a traballar e non esquecer detalle ningún.
A continuación, pensei moito nas actividades que ía facer, xa que tiñan que adecuarse ó obxectivo, ós contidos, ó nivel A1 de francés e ás características dos alumnos. Unha vez que tiven a idea, tiven que crear o vídeo e editalo, así como debuxar a ficha. A partir deste momento, centreime en explica-las tarefas e todos os aspectos dos que tiña que falar sobre ela.


·        Difficultés
Sen dúbida algunha, onde atopei maior dificultade foi á hora de pensar as actividades, xa que se tiñan que axustar a moitas características, ademais de non querer utilizar fontes que non fosen miñas. Cando xa sabía o que ía facer, todo resultou máis fácil; o único co que tiven algúns problemas foi á hora de montar o vídeo. Polo demais, resultou en xeral unha tarefa que non tiña demasiada dificultade, xa que, comparándoa coa anterior, esta resultou un alivio.


·        Compétences acquises
Esta tarefa, xunto coa anterior, axudoume moito a aprender a realizar actividades dunha área integrada noutra, unha lingua estranxeira, axustadas a unhas características. Sen dúbida, é certo que con todas estas tarefas estamos potenciando a nosa capacidade de aprender a aprender, realizando cousas que nunca antes fixeramos.


·        Opinion personelle
Penso que todo o que levamos feito ata agora é imprescindible para o noso futuro, aprendendo a realizar tarefas, que dentro de non moito tempo convertiranse nunha acción da nosa vida diaria. Realizando todo o que levamos feito ata agora, penso e afirmo que a partir deste momento resultaranos todo o relacionado con este tema moito máis sinxelo, podendo así superar situacións máis complexas, aumentando pouco a pouco as nosas aprendizaxes e capacidades para, deste modo, pensar e actuar coma docentes ben formados.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Tâche 3. FAIRE COMPRENDRE

TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE


 Lembrando as anteriores tarefas,a 1 e a 2, é preciso non esquecer as características do curso e da unidade didáctica, xa que para levar a cabo nesta tarefa as actividades de comprensión escrita e oral, é preciso refrescar a memoria lembrando as anteriores.
 Debemos lembrar que estamos a traballar na área de coñecemento do medio, co 3º curso de primaria.
 O obxectivo a acadar con estas tarefas é o seguinte:
-Participar activamente no traballo de grupo planificando e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinión e contrastándoas coas das outras persoas e adoptando un comportamento responsable, construtivo, comprometido e solidario, respectando as regras de organización pactadas e os principios básicos do funcionamento democrático.
 Os contidos elixidos para traballar son a identificación das partes do corpo e algúns órganos importantes, e o análise de dietas equilibradas e a clasificación dos alimentos, aínda que nestas actividades o contidos protagonista será o das partes e órganos do corpo.


ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORAL 

Este vídeo realizouse co programa interactivo “Goanimate”, sendo así un vídeo de creación propia.

 Les parties du corps by Alba Pírez on GoAnimate


 Para comezar esta actividade, o docente explicaralle ó alumnado que vai reproducir este vídeo, repetíndoo dúas veces máis para ter oportunidade de entender todo. Despois, os alumnos agruparanse por parellas, onde cada unha deberá apuntar nun papel o que lle aconteceu ós dous personaxes (pacientes), e anotar (en francés) as partes do corpo nomeadas na actividade.



ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION ORAL

 Una vez visualizado o vídeo, e anotados os conceptos principais, o alumnado deberá completar este test, para que o docente poda comprobar os coñecementos adquiridos. Neste, aparecen imaxes de bonecos nas que se sinala unha parte do corpo xa vista, e os alumnos deben elixir unha das tres opcións, marcando a que pensen que é verdadeira. O cuestionario é orixinal, así como todas e cada unha das fotografías, e está creado a partir do google drive.

https://docs.google.com/forms/d/13RzWnVobZTVmdVLp4s_EDNPdOuIxkeFhlfagyDFLmuA/edit?usp=sharing




ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE

Para levar a cabo esta actividade, o profesor comezará reproducindo dúas veces este vídeo de animación. No caso de ser necesario, poderíase reproducir outra vez máis, xa que o máis importante son os aprendizaxes do alumnado.


Este vídeo, de creación propia,  foi realizado co programa “POWTOON”. *(Aparece na parte de abaixo de todo da tarefa).

As imaxes utilizadas en cada diapositiva non son de creación propia, senón que foron extraídas de diferentes páxinas web.



ACTIVITÉ D’EVALUATION DE LA COMPRÉHENSION ÉCRITE 

Unha vez visualizado o vídeo, asignaráselle a cada neno unha folla en branco e esta ficha, tamén de creación propia, salvo as imaxes que foron sacadas das seguintes páxinas:
 









 


Cando cada alumno teña todo este material, deberá recortar cada cadradiño e, acto seguido, pegalos no folio en branco agrupados de dous en dous, facendo coincidir así cada debuxo co seu nome correspondente en inglés.
Ó rematar, agruparanse outra vez por parellas, e comprobarán ambas respostas, poñéndose así de acordo e dando unha única resposta. Despois, o docente preguntaralle individualmente a cada parella a resposta que pensan correcta,. Unha vez coñecidas as respostas de cada unha, todos os alumnos farán un panel, onde se deben pór de acordo para dicirlle unha única resposta ó profesor cando, máis tarde, levante unha foto de cada imaxe para que todos lle respondan co nome correspondente en francés.



TEMP ET RESSOURCES

·         Activité de compréhension orale
-Temps : contarán cun total de 50 minutos (1 sesión):
·1 minuto para a visualización do vídeo.
·20 minutos para agruparse por parellas, contar nunha frase o que aconteceu e para anotar todas as partes do corpo vistas.
·Pouco menos de media hora para a realización do test.
-Ressouces: ordenadores (tanto para que o docente reproduza o vídeo como para que os alumnos realicen o cuestionario), altavoces , proxector, follas e lapis.

·         Activité de compréhension écrite
-Temps  : terá unha duración aproximada de 35-40 minutos.
·6 mins aprox. para a visualización do vídeo
·15 mins para agrupar cada imaxe co seu obxecto correspondente
·15 mins para ponerse por parellas e decidir, e para agruparse toda a clase e dicidir de novo.
-Ressouces : ordenador, proxector, follas, tixolas e pegamento.


RUBRIQUE RÉFLEXION

·         Organisation
Primeiramente, tiven que reler as tarefas anteriores para lembrar á perfección co que tiña que traballar. Logo, a partir dos contidos e o obxectivo, pensei as tarefas que ía inventar e os programas cos que as ía facer. A partir dese momento, centreime en describir ambas e pensar as actividades coas que ían ser avaliadas.

·         Difficulté
Con certeza, esta foi a tarefa que máis dificultade ten das que levamos ata agora, ademais de levarme moito tempo. Non foi nada sinxelo pensar que facer nas actividades, a forma de traballar os contidos elixidos anteriormente. Ademais, admito que atopei varios problemas con algúns programas interactivos pero, unha vez resoltos e realizadas ambas tarefas, o demais resultou camiño fácil, describindo pouco a pouco cada actividade e a forma na que se ía realizar.

·         Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
         A pesar de resultar algo dificultosa, ó final un síntese satisfeito consigo mesmo, ó        conseguir chegar ó final de algo ó que nun principio ollabamos con medo e sen motivación. Esta tarefa, realmente, serviu para conseguir varias das competencias necesarias para a nosa formación.Aprendemos así a  realizar actividades de comprensión oral e escrita e a súa planificación, en lingua estranxeira, acorde cun área e tema, e repasamos o tema dos contidos e obxectivos, xa que debemos telos presentes en todo momento. En certo modo, poderíase dicir que, como futuros docentes, conseguimos que medre a nosa competencia en aprender a aprender.

·         Avis général sur la tâche
Unha vez rematada a tarefa, e quedando xa pouco para o final, penso que aprendín/estou aprendendo máis do que esperaba e, por ese modo, gustaríame seguir facéndoo. Penso que esta materia sérvenos de gran axuda para o mañá, tanto para a nosa formación como para os nosos coñecementos, xa que non se trata só de actividades, senón de coñecementos imprescindibles na nosa formación.
 




*ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE