TÂCHE 3: FAIRE COMPRENDRE
Lembrando as anteriores tarefas,a 1 e a 2, é preciso non esquecer as características do curso e da unidade didáctica, xa que para levar a cabo nesta tarefa as actividades de comprensión escrita e oral, é preciso refrescar a memoria lembrando as anteriores.
Debemos lembrar que estamos a traballar na área de coñecemento do medio, co 3º curso de primaria.
O obxectivo a acadar con estas tarefas é o seguinte:
-Participar activamente no traballo de grupo planificando e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinión e contrastándoas coas das outras persoas e adoptando un comportamento responsable, construtivo, comprometido e solidario, respectando as regras de organización pactadas e os principios básicos do funcionamento democrático.
Os contidos elixidos para traballar son a identificación das partes do corpo e algúns órganos importantes, e o análise de dietas equilibradas e a clasificación dos alimentos, aínda que nestas actividades o contidos protagonista será o das partes e órganos do corpo.
ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ORAL
Este vídeo realizouse co programa interactivo “Goanimate”, sendo así un vídeo de creación propia.
Les parties du corps by Alba Pírez on GoAnimate
Para comezar esta actividade, o docente explicaralle ó alumnado que vai reproducir este vídeo, repetíndoo dúas veces máis para ter oportunidade de entender todo. Despois, os alumnos agruparanse por parellas, onde cada unha deberá apuntar nun papel o que lle aconteceu ós dous personaxes (pacientes), e anotar (en francés) as partes do corpo nomeadas na actividade.
ACTIVITÉ D'ÉVALUATION DE LA COMPRÉHENSION ORAL
Una vez visualizado o vídeo, e anotados os conceptos principais, o alumnado deberá completar este test, para que o docente poda comprobar os coñecementos adquiridos. Neste, aparecen imaxes de bonecos nas que se sinala unha parte do corpo xa vista, e os alumnos deben elixir unha das tres opcións, marcando a que pensen que é verdadeira.
O cuestionario é orixinal, así como todas e cada unha das fotografías, e está creado a partir do google drive.
https://docs.google.com/forms/d/13RzWnVobZTVmdVLp4s_EDNPdOuIxkeFhlfagyDFLmuA/edit?usp=sharing
ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE
Para levar a cabo esta
actividade, o profesor comezará reproducindo dúas veces este vídeo de animación.
No caso de ser necesario, poderíase reproducir outra vez máis, xa que o máis
importante son os aprendizaxes do alumnado.
Este vídeo, de creación
propia, foi realizado co programa
“POWTOON”. *(Aparece na parte de abaixo de todo da tarefa).
As imaxes utilizadas en
cada diapositiva non son de creación propia, senón que foron extraídas de
diferentes páxinas web.
ACTIVITÉ D’EVALUATION DE LA
COMPRÉHENSION ÉCRITE
Unha vez visualizado o
vídeo, asignaráselle a cada neno unha folla en branco e esta ficha, tamén de creación
propia, salvo as imaxes que foron sacadas das seguintes páxinas:
Cando cada alumno teña
todo este material, deberá recortar cada cadradiño e, acto seguido, pegalos no
folio en branco agrupados de dous en dous, facendo coincidir así cada debuxo co
seu nome correspondente en inglés.
Ó rematar, agruparanse
outra vez por parellas, e comprobarán ambas respostas, poñéndose así de acordo
e dando unha única resposta. Despois, o docente preguntaralle individualmente a
cada parella a resposta que pensan correcta,. Unha vez coñecidas as respostas
de cada unha, todos os alumnos farán un panel, onde se deben pór de acordo para
dicirlle unha única resposta ó profesor cando, máis tarde, levante unha foto de
cada imaxe para que todos lle respondan co nome correspondente en francés.
·
Activité de compréhension orale
-Temps : contarán
cun total de 50 minutos (1 sesión):
·1 minuto para a visualización
do vídeo.
·20 minutos para agruparse por
parellas, contar nunha frase o que aconteceu e para anotar todas as partes do
corpo vistas.
·Pouco menos de media hora para
a realización do test.
-Ressouces:
ordenadores (tanto para que o docente reproduza o vídeo como para que os
alumnos realicen o cuestionario), altavoces , proxector, follas e lapis.
·
Activité de compréhension écrite
-Temps : terá
unha duración aproximada de
35-40 minutos.
·6 mins aprox. para a visualización do vídeo
·15 mins para agrupar cada imaxe co seu obxecto
correspondente
·15 mins para ponerse por parellas e decidir, e para agruparse toda a
clase e dicidir de novo.
-Ressouces : ordenador,
proxector, follas, tixolas e pegamento.
RUBRIQUE RÉFLEXION
·
Organisation
Primeiramente, tiven que reler as tarefas anteriores para lembrar á perfección co
que tiña que traballar. Logo, a partir dos contidos e o obxectivo, pensei as
tarefas que ía inventar e os programas cos que as ía facer. A partir dese
momento, centreime en describir ambas e pensar as actividades coas que ían ser
avaliadas.
·
Difficulté
Con certeza, esta foi a
tarefa que máis dificultade ten das que levamos ata agora, ademais de levarme
moito tempo. Non foi nada sinxelo pensar que facer nas actividades, a forma de
traballar os contidos elixidos anteriormente. Ademais, admito que atopei varios
problemas con algúns programas interactivos pero, unha vez resoltos e
realizadas ambas tarefas, o demais resultou camiño fácil, describindo pouco a
pouco cada actividade e a forma na que se ía realizar.
·
Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
A pesar de resultar algo dificultosa,
ó final un síntese satisfeito consigo mesmo, ó conseguir chegar ó final de algo
ó que nun principio ollabamos con medo e sen motivación. Esta tarefa,
realmente, serviu para conseguir varias das competencias necesarias para a nosa
formación.Aprendemos así a realizar
actividades de comprensión oral e escrita e a súa planificación, en lingua
estranxeira, acorde cun área e tema, e repasamos o tema dos contidos e
obxectivos, xa que debemos telos presentes en todo momento. En certo modo,
poderíase dicir que, como futuros docentes, conseguimos que medre a nosa
competencia en aprender a aprender.
·
Avis général sur la tâche
Unha vez rematada a tarefa, e quedando xa pouco para o final, penso que
aprendín/estou aprendendo máis do que esperaba e, por ese modo, gustaríame
seguir facéndoo. Penso que esta materia sérvenos de gran axuda para o mañá,
tanto para a nosa formación como para os nosos coñecementos, xa que non se
trata só de actividades, senón de coñecementos imprescindibles na nosa
formación.
*ACTIVITÉ DE COMPRÉHENSION ÉCRITE

No hay comentarios:
Publicar un comentario