TÂCHE 4: AIDER À
PRODUIRE
Para levar a cabo esta actividade, primeiro lembraremos rapidamente os
contidos a traballar e o obxectivo elixidos para a materia coñecemento do medio
natural, social e cultural do 3º curso de Primaria, co nivel A1 de lingua
estranxeira francesa:
-Como contidos, temos a identificación das partes externas do
corpo e de algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
-O noso obxectivo trata sobre a participación activa no traballo
de grupo planificado e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando
as propias opinións e contrastándoas coas cas das outras persoas e adoptando un
comportamento responsable.
ACTIVITÉ DE EXPRESSION ORALE
Description :
A actividade de expresión oral que levaremos a cabo ten
como fin o total coñecemento das partes externas do corpo humano, e leva o nome
de “Mon corps”.
Para a
súa realización, crearei un vídeo no que apareza unha persoa, en diferentes
diapositivas, ensinando unha parte do corpo, sinalándoa para que o alumnado
capte á perfección a parte a destacar. Enriba desa persoa, aparecerá un
carteliño con ocos, pertencentes a cada unha das letras que compoñen a palabra.
Ademais, para que sirva de axuda, aparecerán unha ou varias pistas (letras
descubertas) para unha resolución da palabra máis fácil.
A
profesora asignaralles números ó azar ós alumnos, quedando así parellas
descoñecidas. Unha vez que cada alumno coñece o seu número, reproducirá o vídeo
na clase cun proxector. O alumnado, lembrando as actividades de comprensión
realizadas en sesións anteriores, nas que adquiriron os coñecementos, deben
apuntar no folio individualmente, como recomendación para non esquecerse, o
nome de cada parte que se sinala.
Despois,
haberá unha segunda reprodución do vídeo, no que a profesora porá diapositivas
ó azar. En voz alta dirá un número, correspondente a dous alumnos, e estes
deben grita-lo nome da parte correspondente. No caso de pronunciar mal a palabra
algún ou ambos compoñentes do grupo, haberá rebote para outro número, e así
sucesivamente.
Unha
vez postas varias veces todas as diapositivas, co fin de que todo o alumnado
remate sabendo á perfección a pronuncia das partes do corpo, serán os mesmos
alumnos os que saian diante de toda a clase e sinalen unha parte do seu corpo
do seu compañeiro, seguindo os mesmos pasos para responder, e sendo a parella
que acerte a mesma que sairá a sinalar de novo.
Para
avalia-los seus coñecementos, profesora irá apuntando no encerado o número de
acertos de cada “número”, a modo de torneo.
Temps de réalisation :
Os alumnos contarán aproximadamente con 40
minutos para realiza-la actividade :
·Visualización do vídeo varias veces: 2 minutos para a primeira e
unha media de 15 minutos as diapositivas ó azar.
·Alumnos sinalando as partes dos
compañeiros: 20 minutos
Ressources :
-Proxector, altofalantes e
ordenador para a reprodución do vídeo.
-Folla e bolígrafo ou lapis para que o alumnado poda apuntar na folla o
nome correspondente.
Sources d’information:
O exercicio de expresión oral está realizado con
material orixinal, xa que o vídeo e cada unha das súas diapositivas foron
creadas por min, por medio do programa MovieMake, e compartida a través de YouTube.
ACTIVITÉ DE EXPRESSION ÉCRITE
Description:
Entrégaselle
unha ficha destas a cada alumno:
Nela,
aparecen imaxes na que personaxes diferentes din unha frase cada un,
aportándonos información sobre algunha das partes do seu corpo, que aparece
enriba de cada unha, onde hai un oco en branco. Na parte inferior dereita,
aparecen unha serie ocos, nas que aparecen algunhas letras, como pistas. O
alumnado debe cubrir eses ocos coas letras que conteñen os nomes dalgúns órganos
do corpo humano, estudado xa anteriormente. Unha vez cubertas, deben encher os
ocos das frases de cada debuxo cos termos dos órganos correspondentes.
Ó
rematar cada alumno coa súa ficha, agruparanse por pequenos grupos de 4 para así
comprobar os resultados. A profesora, amosando co proxector a mesma ficha en
gran tamaño, mandará saír a cada grupo ó encerado. Sinalará un dos debuxos e,
cada un dos compoñentes do grupo, deberá escribir o concepto sen mirar polo
compañeiro de o lado. No caso de non coincidir todos, os integrantes do grupo
deberán debater cal é o correcto.
O
obxectivo principal desta actividade é o de coñecer e saber situar os distintos
órganos do corpo humano. Ademais, os alumnos serán avaliados polas súas fichas,
tendo en conta tamén o realizado no encerado e a súa participación e
comportamento adecuado cos outros compoñentes do grupo.
Temps de réalisation : para a súa
realización contaremos cunha sesión enteira, de 50
minutos:
·20
minutos para a realización da ficha
·30 minutos dos grupos escribindo no encerado o que a profesora escolle
Ressources :
-Lapis/bolígrafo, 20 fichas (unha por alumno), rotuladores
para escribir no encerado.
-Proxector
e ordenador para a profesora sinalar as imaxes.
Sources d’information:
Esta actividade de
comprensión oral foi creada totalmente propio, xa que a ficha moi feita por
min, debuxada a man. Non utilicei ningunha foto de ningunha fonte.
RÉFLEXION
·
Organisation
Para
comezar a realiza-las actividades de expresión escrita e oral, primeiro volvín
ler por riba as tres tarefas anteriores, para lembrar todas as características
coas que estaba a traballar e non esquecer detalle ningún.
A
continuación, pensei moito nas actividades que ía facer, xa que tiñan que
adecuarse ó obxectivo, ós contidos, ó nivel A1 de francés e ás características
dos alumnos. Unha vez que tiven a idea, tiven que crear o vídeo e editalo, así
como debuxar a ficha. A partir deste momento, centreime en explica-las tarefas
e todos os aspectos dos que tiña que falar sobre ela.
·
Difficultés
Sen
dúbida algunha, onde atopei maior dificultade foi á hora de pensar as
actividades, xa que se tiñan que axustar a moitas características, ademais de
non querer utilizar fontes que non fosen miñas. Cando xa sabía o que ía facer,
todo resultou máis fácil; o único co que tiven algúns problemas foi á hora de
montar o vídeo. Polo demais, resultou en xeral unha tarefa que non tiña
demasiada dificultade, xa que, comparándoa coa anterior, esta resultou un
alivio.
·
Compétences acquises
Esta
tarefa, xunto coa anterior, axudoume moito a aprender a realizar actividades
dunha área integrada noutra, unha lingua estranxeira, axustadas a unhas
características. Sen dúbida, é certo que con todas estas tarefas estamos
potenciando a nosa capacidade de aprender a aprender, realizando cousas que
nunca antes fixeramos.
·
Opinion personelle
Penso
que todo o que levamos feito ata agora é imprescindible para o noso futuro,
aprendendo a realizar tarefas, que dentro de non moito tempo convertiranse
nunha acción da nosa vida diaria. Realizando todo o que levamos feito ata
agora, penso e afirmo que a partir deste momento resultaranos todo o
relacionado con este tema moito máis sinxelo, podendo así superar situacións
máis complexas, aumentando pouco a pouco as nosas aprendizaxes e capacidades
para, deste modo, pensar e actuar coma docentes ben formados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario