Translate

miércoles, 23 de octubre de 2013

TÂCHE 2. COMMENT S'Y PRENDE

Salut! J'espère qu'elle vous plaît :)



A continuación, presento o apartado 5 que, xa indicado no que acabamos de ver, o sitúo aquí por ser de longa extensión.

5.ORIENTATIONS MÉTHODOLOGIQUES

  • O alumnado ten ideas previas sobre o seu corpo e vivencias sobre persoas, grupos e actitudes. Estas ideas previas van sufrindo modificacións e van enriquecéndose, achegándose cada vez a un coñecemento máis rigoroso.

 • As estratexias deseñadas para aprender deben proporcionarlle ó alumnado oportunidades para realizar aprendizaxes significativas, que partan dos coñecementos previos e da utilidade individual e social do que se aprende. Con isto, despréndese o seguinte.

 • O contexto no que debe moverse a área, ademais do relacionado coa vida cotiá, é o dos temas de repercusión do benestar humano e o dos coñecementos realmente relevantes e funcionais para o futuro.

 • A aprendizaxe así entendida é consecuencia da actividade da persoa que aprende, que constrúe maneiras propias de ver o mundo a partir das súas percepcións e do emprego que fai da linguaxe.

 • O papel do profesorado é o de facilitador das aprendizaxes críticas e persoais, organizador de ambientes adecuados, favorecedor do traballo colectivo e cooperativo que permita a máxima interacción entre o alumnado. É un profesorado que valore as achegas e progresos nunha actividade que estimule a actividade e a participación e evite todo tipo de discriminacións.

 • No proceso de aprendizaxe desta área debe darse moita importancia á linguaxe, pois a linguaxe axuda a interiorizar os coñecementos. Se non se usa a linguaxe adecuadamente non é posible unha auténtica aprendizaxe. Falar e escribir, escoitar e ler, son habilidades imprescindibles para coñecer o medio. Cómpre intercambiar opinións e concepcións co resto de persoas,contrastar, concluír e informar, e isto sen a linguaxe non é posible.

 • A importante na área é que a partir de temas ou cuestións xeradoras da observación da realidade próxima. 

 • Pódese citar algunha técnica, estratexia e método que pode axudar nesta tarefa de achegamento do alumnado ao coñecemento do medio: 
-Investigación no medio.
 - Partindo dunha situación real e da súa observación defínense aspectos que teñen que ser motivo de estudo a través dun debate na clase. Nese debate, o alumnado achegará as súas opinións e xurdirán múltiples preguntas e problemas que haberá que resolver. O alumnado tentará dar respostas a esas preguntas, respostas intuitivas ou hipóteses (derivadas das súas experiencias e ideas previas).

domingo, 20 de octubre de 2013

CINQUIÈME CLASSE



Bienvenus à tous une autre fois!

Hoxe vou falar sobre a clase do luns, día 7 de outubro. Hei de admitir que foi moi longa, e deu para explicar moito. Con razón a miña mano non deu para copiar todo ó ritmo ó que pasaban as diapositivas…Pero non pasa nada, porque todo isto ten explicación, e é que para a semana seguinte non haberá clase, por iso foi necesario.

D’abord, on a parlé des compétences: les compétences generales et les communicatives. 


On connaissait déjà ces concepts, mais on peut les examiner. Et aussi, si on y pensé, nous fait réfléchir sur ce qu’on a besoin, sur notres compétences comme docents: le savoirs, les savoir-faire, les savoir-être, les savoir-apprendre.  Si on ne domine ces quatre compètences generales, on ne va jamais être un bon enseignant. Et la même chose avec les compétences linguistique, sociolinguistique et pragmatique.

Puis, on a appris plus choses et on a examiné activités langagières et ses types: réception, interaction, production et médiation, et aussi des tâches , stratégies et textes, et la relation qui existe entre eux . Je pense quón doit prendre en consideration chaqún de ces éléments, pour pourvoir donner à notres étudiants un apprendissage significatif.

Despois de todo isto, abordamos un tema máis denso: les méthodologies

Nous nous souvenons les trois types principaux:  le traditionelle, le directe, le active, le SGAV, et le Mao-Mav. Destas dúas últimas nunca oíra falar, pero agora , obviamente, xa si.

Para aprender a diferencialas, aprendimos un pouco da historia de cada unha, de onde proveñen, e as súas características. A cada unha que avanzábamos, mellor parecía a situación, achegándonos un pouco máis ó vixente hoxe en día nas aulas, aínda que en todos os lugares hai de todo…

Despois de atender na clase ás explicacións do profesor, copiar as características de cada cousa, e relelo outra vez na casa, xa non hai dúbidas existentes na miña cabeza :)
 
Penso que é moi importante ter todos os conceptos totalemente claros, porque todos e cada un deles son algo preciso para o noso futuro, así como para a mellora da ensinanza no mundo.