Le portfolio de Alba
O meu nome é Alba, e este espazo está dedicado á materia de Lingua francesa e a súa didáctica, no que aparecen todas as miñas aprendizaxes durante o curso, así como opinións e outras achegas.
Translate
martes, 7 de enero de 2014
martes, 24 de diciembre de 2013
RÉFLEXION FINALE
Unha vez chegados a este
punto, penso que é preciso facer unha reflexión final sobre todo o aprendido e
comentado ó longo do curso.
Ó principio, antes de
comezar coa primeira clase, pensei que a materia ía traballar máis o
coñecemento da lingua francesa en si. Na primeira clase do semestre, decateime de que,
como xa o nome da materia o indica, iamos traballar máis a didáctica desta.
Aquí foi onde o noso querido profesor, Carlos Valcárcel, contounos resumidamente o que iamos realizar, e nós, todos os seus alumnos, mirabámonos con caras de
susto a medida que levabamos feitas cada unha das tarefas, xa que a seguinte sempre era máis
complicada que a anterior.
Isto foi así dende o
principio, xa que cada tarefa (ou “tâche”, como todos diciamos ó falar en castelán, cunha incorrecta pronuncia,por certo) complicábase, aumentando o nivel e a
dificultade. Pero, unha vez feitas e entregadas, xa non parecían
tan complicadas porque aprendéramos cousas novas, podendo así superar outras
futuras de maior complexidade.
Así, aprendín que todos
podemos acadar algo se nos esforzamos. O aprendizaxe é un camiño longo que
debe ser traballado parte por parte, entendendo cada unha destas á perfección, para
así poder chegar ó fin dunha verdadeira aprendizaxe significativa para, a partir
desta, ir creando outras novas e de maior dificultade.
Citando algúns aspectos
importantes que aprendín ou conseguín durante
este curso nesta materia, debo destacar moitos dos coñecementos sobre a
realización de tarefas e actividades en lingua estranxeira segundo as
características do alumnado, ademais da capacidade de creación de actividades
de comprensión e expresión, tanto oral como escrita.
Non debemos esquecer que,
agora, grazas a todos estes traballos, coñecemos mellor e controlamos máis (ou iso
deberiamos) todas as fases do proceso de ensinanza e aprendizaxe. Sen dúbida algunha, o máis
dificultoso deste foi o proceso de avaliación, xa que tiñamos que seleccionar rigorosamente
todos os criterios que iamos ter en conta, relacionados cos obxectivos e
contidos tratados nas actividades.
Finalizando, quero deixar
claro que sinto alegría e satisfación en canto ó meu traballo nesta materia, xa que
podería dicir que me sinto máis competente co meu futuro traballo, véndome capaz
de realizar con máis facilidade todas e cada unha das funcións da profesión de
docente en Educación Primaria.
Por último de todo, poño de
manifesto que estou segura que todo o traballo e esforzo posto nesta materia de
“Lingua francesa e a súa didáctica” non existiría de non ser pola presenza e
axuda do noso profesor, quen estivo con nós cada momento, resolvendo calquera
dúbida existente.
sábado, 21 de diciembre de 2013
Classes C avec Patricia
As clases C desta materia foron dadas pola profesora Patricia Sotelo, coa cal aprendimos moito. Nestas, traballamos diferentes temas cada un dos días. Agora, a continuación, vou falar brevemente dalgúns puntos importantes dados.
Comezamos o curso aprendendo por medio de actividades interactivas os diferentes dialectos que se falan nos diferentes lugares de Francia, e alrededores: Breton, Flamand, Alsacien, Franco provençal., Corse, Catalan, Basque, Occitan, Langue d´oil.
Noutra sesión, co fin de conocernos
mellor entre todos, cada un, por orde, tiña que falar sobre el mesmo, tendo que
dicir: nome, profesión ideal e por que, linguas que estudou, a razón de por que
estamos a estudar francés, lingua inicial, vehicular, de traballo e habitual.
Tamén, traballamos os diferentes
elementos á hora de falar, pertencentes ás diferentes competencias:
-Compétence
socio-linguistique: régles de politesse, expressions idiomatiques
-Compétence
pragmatique : discours, ironie
-Compétence
linguistique : vocabulaire, pronunciation.
-Compétence
socio-culturelle : gestes, registre, expressions artistiques
Outro día foi dedicado a traballar
(repasar) os días da semana, e as diferentes horas do día, así como as
distintas formas de saudar, dependendo do momento do día na que nos atopáramos,
se ó chegar ou, pola contra, ó marchar.
“Les salutations”
BONJOUR (quand on arrive)
BONSOIR (quand on arrive)
BONNE JOURNÉE! (quand on part)
BONNE SOIRÉÉ! (quand on part)
BONNE NUIT! (quand on part)
À TOUT À L’HEURE! : (quand on part)
COMMENT ALLEZ-VOUZ? (quan on arrive)
À BIENT (quan on part)
Á PLUS TARDE! (quand on part)
ÇA VA (quand on arrive)
BONNE CONTINUATION (quand on parte)
SALUT (les deux)
LA FORME? (quand on arrive)
TU VAS BIEN? (quand on arrive)
Noutra sesión, todos os números,
comezando cun nivel moi fácil cos números máis pequenos, e aumentando a
dificultade pouco a pouco. Para que se fixera máis ameno, a profesora Patricia
tivo a marabillosa idea de realidade un Bingo. Como todos o pasábamos ben, á
vez que repasábamos a escrita e a pronuncia, repetímolo varias veces máis.
En resumo, penso que estas clases C
facilitaron moito as nosas aprendizaxes, repasando ou aprendendo os elementos
esenciais do idioma.
Finalizando e, ó mesmo tempo, dando
a miña sincera opinión, penso que este materia resultou moi beneficiosa para a
nosa formación, tanto a nivel académica como persoal. Aínda así, a pena de todo
é que fora tan corta, xa que me gustaría continuar aprendendo máis, acción que penso
facer nun futuro non moi lonxe.
domingo, 15 de diciembre de 2013
Un petit sourire :)
Certes, certains d'entre nous sentent la même chose parfois.
Cela nous fait penser à l'importance de ne pas mentir dans les langues qui ont un. Mais, avant tout, est de rire et de profiter. Vous pouvez le voir 100 fois par jour, je suis sûr que je ris à chaque fois.
viernes, 13 de diciembre de 2013
TÂCHE 5. Évaluer
Para a realización
desta derradeira tarefa, que trata sobre avaliación, antes deberemos, necesariamente, lembrar dunha forma rápida
todo o visto ata agora:
Traballando a materia coñecemento do medio natural, social e cultural do
3º curso de Primaria, co nivel A1 de lingua estranxeira francesa apreciamos:
-Como contidos, temos a identificación das partes externas do
corpo e de algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
-Como obxectivo trata sobre a participación activa no traballo de
grupo planificado e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as
propias opinións e contrastándoas coas cas das outras persoas e adoptando un
comportamento responsable.
Nas actividades de expresión oral e escrita apreciamos:
-Na de expresión oral, a visualización dun vídeo onde aparece unha persoa
sinalando diferentes partes do seu corpo e, enriba dela, o nome correspondente
a cada unha, aparecendo liñas en branco onde irían as letras, e unha ou dous a
modo de pista. Os alumnos debían adiviñar a palabra e dicila en voz alto nunha
pequena competición por grupos (que non saben quenes son entre eles), existindo
rebotes de grupo para cando erraran nas respostas.
-Na de expresión escrita, entregábaselle unha ficha a cada un dos
alumnos, que constaba de debuxos nos que aparecían sinalados diferentes órganos
do corpo humano, no número de letras e algunha que outra pista, na parte
inferior e dereita da folla.
En ambas actividades, o que imos avaliar é a capacidade para traballar en
grupo, así como o recoñecemento da adquisición dos coñecementos sobre as partes
e órganos do corpo por parte do alumnado.
Con as dúas grellas de
avaliación que presento a continuación pretendo, principalmente, avaliar a
competencia en comunicación lingüística da lingua estranxeira francesa.
ÉVALUATION de la ACTIVITÉ de L’EXPRESSION ORAL
- OUTILS: GRILLE D’ÉVALUATION
Neste tipo de avaliación, o docente deberá marcar cunha X ni casilla que lle corresponde ó ítem que cree preciso.
Para levar a cabo a avaliación da actividade de expresión oral, realicei unha rúbrica ou grilla de avaliación de creación propia , feita co programa “Word”. A continuación, gardeina como foto e, máis tarde, adxunteina como unha imaxe ó portfolio.
A avaliación da tarefa de expresión oral, realizada coa grilla de avaliación amosa anteriormente, realizarase nun tempo aproximado de 20 minutos, xa que son bastante os criterios a ter en conta (oito).
Nesta grella, o profesor debe marcar cunha “X” o ítem que crea necesario que leve cada un dos seus alumnos, puntuado cada criterio do 0 ó 4, sendo o primeiro o de menos puntuación e o segundo o de maior.Ademais, será necesario a utilización dun ordenador para cubrir a grella ou, se o prefire, papel e bolígrafo/lapis para telo en soporte papel e poder cubrilo, contando tamén cunha impresora para conseguir este formato.
ÉVALUATION de la ACTIVITÉ de L’ EXPRESSION ÉCRITE
- OUTILS : GRILLE D’ÉVALUATION
Para a realización desta
grilla de avaliación, de cración propia, co programa “Word”, semellante que a
anterior, realicei os mesmos pasos: a súa realización no programa nomeado
anteriormente, gardala como foto e, por último, a súa adxuntación no Portfolio
como imaxe.
Tamén, ó igual que na
rúbrica para avaliar a actividade oral, será necesario a utilización dun
ordenador para cubrila ou, preferíndoo doutra maneira, papel e bolígrafo/lapis
para tela en soporte papel e poder cubrila, debendo contar tamén cunha
impresora para conseguir este formato.
TEMPS
Para levar a cabo a avaliación da actividade de comprensión escrita do
alumnado, o docente precisará unha media de 15 minutos para avaliar a cada
alumno, segundo os criterios que aparecen ni táboa.
TYPE
D'ÉVALUATION
Esta lista de control que
se levará a cabo utilizarase
para facer unha avaliación final sobre os coñecementos adquiridos polo noso
alumnado. Para iso, o profesor deberá levar a cabo a observación en numerosas
ocasións, para ver que criterios cumpre cada alumno, e en que grado.
RÉFLEXION
ORGANISATION
Primeiro de todo, tiven que revisar (varias veces) as
tarefas nas que aparecían os obxectivos e tarefas, lembrando todo de novo.
Logo, pensei e elixín as ferramentas de avaliación que ía facer e, relendo
outra vez as actividades de expresión oral e escrita, comecei a escribir os
criterios que cría convenientes cos seus correspondentes ítems. Para finalizar,
describín a súa avaliación seguindo os pasos de ferramentas, tempo, tipo de
avaliación e materiais a utilizar, describindo un pouco sobre cada unha.
· DIFFICULTÉS
Sen dúbida, o que máis dificultoso me resultou foi o
entender perfectamente toda a tarefa, xa que, a pesares de ler numerosas veces
as presentacións e apuntes non que se nos explicaba todo, non entendía á
perfección qué tipo de ferramentas tiña que utilizar. Unha vez entendido todo,
comecei a realiza-la tarefa onde, ó principio de todo, fun con gran lentitude,
xa que tiña que acudir á tarefa 4 cada poucos minutos para escribir criterios
de avaliación correctos, acorde coas tarefas e co nivel do alumnado.
· COMPÉTENCES
ACQUISES
Ó igual que con todas as tarefas feitas ata o de agora,
adquirín novos coñecemento e, sobre todo, aprendín a facer cousas que me va
servir para o día de mañá á hora de dar clase, cousas imprescindibles. Entre as
de esta tarefa destaco, sen dúbida algunha, a capacidade para crear ferramentas
de avaliación do alumnado, capacidade importantísima que me permite no futuro
(e no presente) podes avaliar calquera punto sobre calquera tema. Ademais, o
máis importante de todo, quedáronme claros todos os diferentes tipos de
ferramentas existentes para levar a cabo unha avaliación, así como as
características que debe ter cada unha.
· OPINION
PERSONELLE
Concluíndo coa última das tarefas, fago unha breve
valoración persoal sobre toda a tarefa en conxunto, na que destaco todas as
capacidades adquiridas ó longo de todo este camiño, que non foron poucas:
comezamos describindo o contexto no que queriamos que se levara a cabo a nosa “unidade
didáctica”, elixindo a materia, o tema e os seus obxectivos, seguindo coa
planificación de todo tipo de actividades adaptadas a un nivel da lingua
estranxeira francesa. Finalizando, conseguimos realizar unha avaliación de todo
o proceso e, en xeral, penso que a pesares de facelo pouco a pouco, o resultado
final é moi bo xa que, se contemplamos todas as tarefas en conxunto, vemos o
resultado de todo o traballo feito e, con el, todos os coñecementos novos
adquiridos por nós que, a partir de agora, facilitaranos moito todo o traballo,
e capacitándonos para realizar tarefas moito máis complexas sobre temas da nosa
formación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





