Translate

viernes, 13 de diciembre de 2013

TÂCHE 5. Évaluer



Para a realización desta derradeira tarefa, que trata sobre avaliación, antes deberemos, necesariamente, lembrar dunha forma rápida  todo o visto ata agora:
Traballando a materia coñecemento do medio natural, social e cultural do 3º curso de Primaria, co nivel A1 de lingua estranxeira francesa apreciamos:
-Como contidos, temos a identificación das partes externas do corpo e de algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
-Como obxectivo trata sobre a participación activa no traballo de grupo planificado e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinións e contrastándoas coas cas das outras persoas e adoptando un comportamento responsable.

Nas actividades de expresión oral e escrita apreciamos:
-Na de expresión oral, a visualización dun vídeo onde aparece unha persoa sinalando diferentes partes do seu corpo e, enriba dela, o nome correspondente a cada unha, aparecendo liñas en branco onde irían as letras, e unha ou dous a modo de pista. Os alumnos debían adiviñar a palabra e dicila en voz alto nunha pequena competición por grupos (que non saben quenes son entre eles), existindo rebotes de grupo para cando erraran nas respostas.
-Na de expresión escrita, entregábaselle unha ficha a cada un dos alumnos, que constaba de debuxos nos que aparecían sinalados diferentes órganos do corpo humano, no número de letras e algunha que outra pista, na parte inferior e dereita da folla.
En ambas actividades, o que imos avaliar é a capacidade para traballar en grupo, así como o recoñecemento da adquisición dos coñecementos sobre as partes e órganos do corpo por parte do alumnado.



Con as dúas grellas de avaliación que presento a continuación pretendo, principalmente, avaliar a competencia en comunicación lingüística da lingua estranxeira francesa.


   ÉVALUATION de la ACTIVITÉ de L’EXPRESSION ORAL
  •      OUTILS:  GRILLE D’ÉVALUATION






















    Neste tipo de avaliación, o docente deberá marcar cunha X ni casilla que lle corresponde ó ítem que cree preciso.


     RESSOURCES
    Para levar a cabo a avaliación da actividade de expresión oral, realicei unha rúbrica ou grilla de avaliación de creación propia , feita co programa “Word”. A continuación,  gardeina como foto e,  máis tarde, adxunteina como unha imaxe ó portfolio.


     TEMPS
    A avaliación da tarefa de expresión oral, realizada coa grilla de avaliación amosa anteriormente, realizarase nun tempo aproximado de 20 minutos, xa que son bastante os criterios a ter en conta (oito).


    TYPE D'ÉVALUATION
    Nesta grella, o profesor debe marcar cunha “X” o ítem que crea necesario que leve cada un dos seus alumnos, puntuado cada criterio do 0 ó 4, sendo o primeiro o de menos puntuación e o segundo o de maior.
    Ademais, será necesario a utilización dun ordenador para cubrir a grella ou, se o prefire, papel e bolígrafo/lapis para telo en soporte papel e poder cubrilo, contando tamén cunha impresora para conseguir este formato.



      ÉVALUATION de la ACTIVITÉ de L’ EXPRESSION ÉCRITE


    •     OUTILS : GRILLE D’ÉVALUATION   



     


  















RESSOURCES
Para a realización desta grilla de avaliación, de cración propia, co programa “Word”, semellante que a anterior, realicei os mesmos pasos: a súa realización no programa nomeado anteriormente, gardala como foto e, por último, a súa adxuntación no Portfolio como imaxe.

Tamén, ó igual que na rúbrica para avaliar a actividade oral, será necesario a utilización dun ordenador para cubrila ou, preferíndoo doutra maneira, papel e bolígrafo/lapis para tela en soporte papel e poder cubrila, debendo contar tamén cunha impresora para conseguir este formato.

         TEMPS

Para levar a cabo a avaliación da actividade de comprensión escrita do alumnado, o docente precisará unha media de 15 minutos para avaliar a cada alumno, segundo os criterios que aparecen ni táboa.

       TYPE D'ÉVALUATION
Esta lista de control que se levará a cabo utilizarase para facer unha avaliación final sobre os coñecementos adquiridos polo noso alumnado. Para iso, o profesor deberá levar a cabo a observación en numerosas ocasións, para ver que criterios cumpre cada alumno, e en que grado.



RÉFLEXION

ORGANISATION
Primeiro de todo, tiven que revisar (varias veces) as tarefas nas que aparecían os obxectivos e tarefas, lembrando todo de novo. Logo, pensei e elixín as ferramentas de avaliación que ía facer e, relendo outra vez as actividades de expresión oral e escrita, comecei a escribir os criterios que cría convenientes cos seus correspondentes ítems. Para finalizar, describín a súa avaliación seguindo os pasos de ferramentas, tempo, tipo de avaliación e materiais a utilizar, describindo un pouco sobre cada unha.
 

·               DIFFICULTÉS

Sen dúbida, o que máis dificultoso me resultou foi o entender perfectamente toda a tarefa, xa que, a pesares de ler numerosas veces as presentacións e apuntes non que se nos explicaba todo, non entendía á perfección qué tipo de ferramentas tiña que utilizar. Unha vez entendido todo, comecei a realiza-la tarefa onde, ó principio de todo, fun con gran lentitude, xa que tiña que acudir á tarefa 4 cada poucos minutos para escribir criterios de avaliación correctos, acorde coas tarefas e co nivel do alumnado.

·      COMPÉTENCES ACQUISES
Ó igual que con todas as tarefas feitas ata o de agora, adquirín novos coñecemento e, sobre todo, aprendín a facer cousas que me va servir para o día de mañá á hora de dar clase, cousas imprescindibles. Entre as de esta tarefa destaco, sen dúbida algunha, a capacidade para crear ferramentas de avaliación do alumnado, capacidade importantísima que me permite no futuro (e no presente) podes avaliar calquera punto sobre calquera tema. Ademais, o máis importante de todo, quedáronme claros todos os diferentes tipos de ferramentas existentes para levar a cabo unha avaliación, así como as características que debe ter cada unha.

·         OPINION PERSONELLE
Concluíndo coa última das tarefas, fago unha breve valoración persoal sobre toda a tarefa en conxunto, na que destaco todas as capacidades adquiridas ó longo de todo este camiño, que non foron poucas: comezamos describindo o contexto no que queriamos que se levara a cabo a nosa “unidade didáctica”, elixindo a materia, o tema e os seus obxectivos, seguindo coa planificación de todo tipo de actividades adaptadas a un nivel da lingua estranxeira francesa. Finalizando, conseguimos realizar unha avaliación de todo o proceso e, en xeral, penso que a pesares de facelo pouco a pouco, o resultado final é moi bo xa que, se contemplamos todas as tarefas en conxunto, vemos o resultado de todo o traballo feito e, con el, todos os coñecementos novos adquiridos por nós que, a partir de agora, facilitaranos moito todo o traballo, e capacitándonos para realizar tarefas moito máis complexas sobre temas da nosa formación.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario