Translate

martes, 24 de diciembre de 2013

RÉFLEXION FINALE



Unha vez chegados a este punto, penso que é preciso facer unha reflexión final sobre todo o aprendido e comentado ó longo do curso.

Ó principio, antes de comezar coa primeira clase, pensei que a materia ía traballar máis o coñecemento da lingua francesa en si. Na primeira clase do semestre, decateime de que, como xa o nome da materia o indica, iamos traballar máis a didáctica desta. Aquí foi onde o noso querido profesor, Carlos Valcárcel, contounos resumidamente o que iamos realizar, e nós, todos os seus alumnos, mirabámonos con caras de susto a medida que levabamos feitas cada unha das tarefas, xa que a seguinte sempre era máis complicada que a anterior.


Isto foi así dende o principio, xa que cada tarefa (ou “tâche”, como todos diciamos ó falar en castelán, cunha incorrecta pronuncia,por certo) complicábase, aumentando o nivel e a dificultade. Pero, unha vez feitas e entregadas, xa non parecían tan complicadas porque aprendéramos cousas novas, podendo así superar outras futuras de maior complexidade.


Así, aprendín que todos podemos acadar algo se nos esforzamos. O aprendizaxe é un camiño longo que debe ser traballado parte por parte, entendendo cada unha destas á perfección, para así poder chegar ó fin dunha verdadeira aprendizaxe significativa para, a partir desta, ir creando outras novas e de maior dificultade.


Citando algúns aspectos importantes que aprendín  ou conseguín durante este curso nesta materia, debo destacar moitos dos coñecementos sobre a realización de tarefas e actividades en lingua estranxeira segundo as características do alumnado, ademais da capacidade de creación de actividades de comprensión e expresión, tanto oral como escrita.



 
Non debemos esquecer que, agora, grazas a todos estes traballos, coñecemos mellor e controlamos máis (ou iso deberiamos) todas as fases do proceso de ensinanza e aprendizaxe. Sen dúbida algunha, o máis dificultoso deste foi o proceso de  avaliación, xa que tiñamos que seleccionar rigorosamente todos os criterios que iamos ter en conta, relacionados cos obxectivos e contidos tratados nas actividades.


Finalizando, quero deixar claro que sinto alegría e satisfación en canto ó meu traballo nesta materia, xa que podería dicir que me sinto máis competente co meu futuro traballo, véndome capaz de realizar con máis facilidade todas e cada unha das funcións da profesión de docente en Educación Primaria.


Por último de todo, poño de manifesto que estou segura que todo o traballo e esforzo posto nesta materia de “Lingua francesa e a súa didáctica” non existiría de non ser pola presenza e axuda do noso profesor, quen estivo con nós cada momento, resolvendo calquera dúbida existente.

sábado, 21 de diciembre de 2013

Classes C avec Patricia


As clases C desta materia foron dadas pola profesora Patricia Sotelo, coa cal aprendimos moito. Nestas, traballamos diferentes temas cada un dos días. Agora, a continuación, vou falar brevemente dalgúns puntos importantes dados.

Comezamos o curso aprendendo por medio de actividades interactivas os diferentes dialectos que se falan nos diferentes lugares de Francia, e alrededores: Breton, Flamand, Alsacien, Franco provençal., Corse, Catalan, Basque, Occitan, Langue d´oil.

Noutra sesión, co fin de conocernos mellor entre todos, cada un, por orde, tiña que falar sobre el mesmo, tendo que dicir: nome, profesión ideal e por que, linguas que estudou, a razón de por que estamos a estudar francés, lingua inicial, vehicular, de traballo e habitual.
Tamén, traballamos os diferentes elementos á hora de falar, pertencentes ás diferentes competencias:

-Compétence socio-linguistique: régles de politesse, expressions idiomatiques
     -Compétence pragmatique : discours, ironie
-Compétence linguistique : vocabulaire, pronunciation.
-Compétence socio-culturelle : gestes, registre, expressions artistiques


Outro día foi dedicado a traballar (repasar) os días da semana, e as diferentes horas do día, así como as distintas formas de saudar, dependendo do momento do día na que nos atopáramos, se ó chegar ou, pola contra, ó marchar.



“Les salutations”
BONJOUR (quand on arrive)
BONSOIR (quand on arrive)
BONNE JOURNÉE!  (quand on part)
BONNE SOIRÉÉ!  (quand on part)
BONNE NUIT!  (quand on part)
À TOUT À L’HEURE! : (quand on part)
COMMENT ALLEZ-VOUZ?  (quan on arrive)
À BIENT (quan on part)
Á PLUS TARDE! (quand on part)
ÇA VA (quand on arrive)
BONNE CONTINUATION (quand on parte)
SALUT (les deux)
LA FORME? (quand on arrive)
TU VAS BIEN? (quand on arrive)

Noutra sesión, todos os números, comezando cun nivel moi fácil cos números máis pequenos, e aumentando a dificultade pouco a pouco. Para que se fixera máis ameno, a profesora Patricia tivo a marabillosa idea de realidade un Bingo. Como todos o pasábamos ben, á vez que repasábamos a escrita e a pronuncia, repetímolo varias veces máis.



En resumo, penso que estas clases C facilitaron moito as nosas aprendizaxes, repasando ou aprendendo os elementos esenciais do idioma.

Finalizando e, ó mesmo tempo, dando a miña sincera opinión, penso que este materia resultou moi beneficiosa para a nosa formación, tanto a nivel académica como persoal. Aínda así, a pena de todo é que fora tan corta, xa que me gustaría continuar aprendendo máis, acción que penso facer nun futuro non moi lonxe.

domingo, 15 de diciembre de 2013

Un petit sourire :)



Certes, certains d'entre nous sentent  la même chose parfois.
Cela nous fait penser à l'importance de ne pas mentir dans les langues qui ont un. Mais, avant tout, est de rire et de profiter. Vous pouvez le voir 100 fois par jour, je suis sûr que je ris à chaque fois.

viernes, 13 de diciembre de 2013

TÂCHE 5. Évaluer



Para a realización desta derradeira tarefa, que trata sobre avaliación, antes deberemos, necesariamente, lembrar dunha forma rápida  todo o visto ata agora:
Traballando a materia coñecemento do medio natural, social e cultural do 3º curso de Primaria, co nivel A1 de lingua estranxeira francesa apreciamos:
-Como contidos, temos a identificación das partes externas do corpo e de algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
-Como obxectivo trata sobre a participación activa no traballo de grupo planificado e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinións e contrastándoas coas cas das outras persoas e adoptando un comportamento responsable.

Nas actividades de expresión oral e escrita apreciamos:
-Na de expresión oral, a visualización dun vídeo onde aparece unha persoa sinalando diferentes partes do seu corpo e, enriba dela, o nome correspondente a cada unha, aparecendo liñas en branco onde irían as letras, e unha ou dous a modo de pista. Os alumnos debían adiviñar a palabra e dicila en voz alto nunha pequena competición por grupos (que non saben quenes son entre eles), existindo rebotes de grupo para cando erraran nas respostas.
-Na de expresión escrita, entregábaselle unha ficha a cada un dos alumnos, que constaba de debuxos nos que aparecían sinalados diferentes órganos do corpo humano, no número de letras e algunha que outra pista, na parte inferior e dereita da folla.
En ambas actividades, o que imos avaliar é a capacidade para traballar en grupo, así como o recoñecemento da adquisición dos coñecementos sobre as partes e órganos do corpo por parte do alumnado.



Con as dúas grellas de avaliación que presento a continuación pretendo, principalmente, avaliar a competencia en comunicación lingüística da lingua estranxeira francesa.


   ÉVALUATION de la ACTIVITÉ de L’EXPRESSION ORAL
  •      OUTILS:  GRILLE D’ÉVALUATION






















    Neste tipo de avaliación, o docente deberá marcar cunha X ni casilla que lle corresponde ó ítem que cree preciso.


     RESSOURCES
    Para levar a cabo a avaliación da actividade de expresión oral, realicei unha rúbrica ou grilla de avaliación de creación propia , feita co programa “Word”. A continuación,  gardeina como foto e,  máis tarde, adxunteina como unha imaxe ó portfolio.


     TEMPS
    A avaliación da tarefa de expresión oral, realizada coa grilla de avaliación amosa anteriormente, realizarase nun tempo aproximado de 20 minutos, xa que son bastante os criterios a ter en conta (oito).


    TYPE D'ÉVALUATION
    Nesta grella, o profesor debe marcar cunha “X” o ítem que crea necesario que leve cada un dos seus alumnos, puntuado cada criterio do 0 ó 4, sendo o primeiro o de menos puntuación e o segundo o de maior.
    Ademais, será necesario a utilización dun ordenador para cubrir a grella ou, se o prefire, papel e bolígrafo/lapis para telo en soporte papel e poder cubrilo, contando tamén cunha impresora para conseguir este formato.



      ÉVALUATION de la ACTIVITÉ de L’ EXPRESSION ÉCRITE


    •     OUTILS : GRILLE D’ÉVALUATION   



     


  















RESSOURCES
Para a realización desta grilla de avaliación, de cración propia, co programa “Word”, semellante que a anterior, realicei os mesmos pasos: a súa realización no programa nomeado anteriormente, gardala como foto e, por último, a súa adxuntación no Portfolio como imaxe.

Tamén, ó igual que na rúbrica para avaliar a actividade oral, será necesario a utilización dun ordenador para cubrila ou, preferíndoo doutra maneira, papel e bolígrafo/lapis para tela en soporte papel e poder cubrila, debendo contar tamén cunha impresora para conseguir este formato.

         TEMPS

Para levar a cabo a avaliación da actividade de comprensión escrita do alumnado, o docente precisará unha media de 15 minutos para avaliar a cada alumno, segundo os criterios que aparecen ni táboa.

       TYPE D'ÉVALUATION
Esta lista de control que se levará a cabo utilizarase para facer unha avaliación final sobre os coñecementos adquiridos polo noso alumnado. Para iso, o profesor deberá levar a cabo a observación en numerosas ocasións, para ver que criterios cumpre cada alumno, e en que grado.



RÉFLEXION

ORGANISATION
Primeiro de todo, tiven que revisar (varias veces) as tarefas nas que aparecían os obxectivos e tarefas, lembrando todo de novo. Logo, pensei e elixín as ferramentas de avaliación que ía facer e, relendo outra vez as actividades de expresión oral e escrita, comecei a escribir os criterios que cría convenientes cos seus correspondentes ítems. Para finalizar, describín a súa avaliación seguindo os pasos de ferramentas, tempo, tipo de avaliación e materiais a utilizar, describindo un pouco sobre cada unha.
 

·               DIFFICULTÉS

Sen dúbida, o que máis dificultoso me resultou foi o entender perfectamente toda a tarefa, xa que, a pesares de ler numerosas veces as presentacións e apuntes non que se nos explicaba todo, non entendía á perfección qué tipo de ferramentas tiña que utilizar. Unha vez entendido todo, comecei a realiza-la tarefa onde, ó principio de todo, fun con gran lentitude, xa que tiña que acudir á tarefa 4 cada poucos minutos para escribir criterios de avaliación correctos, acorde coas tarefas e co nivel do alumnado.

·      COMPÉTENCES ACQUISES
Ó igual que con todas as tarefas feitas ata o de agora, adquirín novos coñecemento e, sobre todo, aprendín a facer cousas que me va servir para o día de mañá á hora de dar clase, cousas imprescindibles. Entre as de esta tarefa destaco, sen dúbida algunha, a capacidade para crear ferramentas de avaliación do alumnado, capacidade importantísima que me permite no futuro (e no presente) podes avaliar calquera punto sobre calquera tema. Ademais, o máis importante de todo, quedáronme claros todos os diferentes tipos de ferramentas existentes para levar a cabo unha avaliación, así como as características que debe ter cada unha.

·         OPINION PERSONELLE
Concluíndo coa última das tarefas, fago unha breve valoración persoal sobre toda a tarefa en conxunto, na que destaco todas as capacidades adquiridas ó longo de todo este camiño, que non foron poucas: comezamos describindo o contexto no que queriamos que se levara a cabo a nosa “unidade didáctica”, elixindo a materia, o tema e os seus obxectivos, seguindo coa planificación de todo tipo de actividades adaptadas a un nivel da lingua estranxeira francesa. Finalizando, conseguimos realizar unha avaliación de todo o proceso e, en xeral, penso que a pesares de facelo pouco a pouco, o resultado final é moi bo xa que, se contemplamos todas as tarefas en conxunto, vemos o resultado de todo o traballo feito e, con el, todos os coñecementos novos adquiridos por nós que, a partir de agora, facilitaranos moito todo o traballo, e capacitándonos para realizar tarefas moito máis complexas sobre temas da nosa formación.