Translate

jueves, 12 de septiembre de 2013

Mon langues




Esta entrada está dedicada expresamente ás linguas presentes na miña vida. 

Falando un pouco sobre min, debo facer referencia ós diferentes idiomas que, nalgún momento da miña vida, estiveron presentes nela.
Para comezar, o castelán, a miña lingua materna, coa que aprendín as miñas primeiras palabras, e coa que me relaciono día a día no meu medio.




De forma paralela, atópase o galego, xa que, da mesma forma que o castelán, está presente na miña vida dende pequena, e fago uso dela todos os días. A pesares de non falala durante todo o día, recoñezo que a prefiro ó castelán. Así, sempre á hora de facer traballos/tarefas/actividades ou realizar un exame, sempre prefiro facelo nesta lingua.
 


O inglés é unha lingua que, coma case todos nós, apareceu na nosa vida dende pequenos, xa nos primeiros anos da escola. Pro desgraza, hai 3 anos que non a sigo estudando, dende o remate do Bacharelato. Este ano matriculeime na Escola Oficial de Idiomas en Vigo, coa esperanza de continuar con esta lingua pero, por mala sorte, non fun seleccionada. Aínda así, teño pensado estudar pola miña conta e presentarme ó exame do B1 neste 2014, xa que penso que ter esta acreditación é algo imprescindible actualmente. 
O inglés é a lingua máis utilizada, e é a máis coñecida, ademais de ser unha das poucas coas que me podo mover por todo o mundo. Por esta razón teño en mente continuar estudando este idioma en canto poda. Tamén, hei de destacar que, a parte de agradarme, traballo bastante con ela, vendo series nesta lingua, subtituladas en castelán, e sempre sinto gran curiosidade por todas as cancións neste idioma, polo que as traduzo para coñece-lo seu significado.


Para continuar, o francés é unha lingua que sempre me gustou pero, pola contra, nunca a estudie. Por iso este ano tomei a decisión de escollela, para aprender algo sobre ela. Ademais, teño a sorte de contar cunha nai que ama este idioma, polo que me ensina cousas, e resolve todas as miñas dúbidas, axudándome en todo o posible. Nun futuro (espero que preto), gustaríame comezar a estudar esta lingua de verdade.

Como última lingua, gustaríame destacar o portugués, que é unha lingua que nunca estudei, pero da que penso que “controlo” bastante, xa que paréceme interesante e, da que tamén conto coa sorte de ter amigos que viven en Portugal, polo que me vexo obrigada a falar esa lingua para relacionarme cos seus amigos.

Finalizando, é do meu agrado dicir que espero continuar aprendendo máis sobre todas estas linguas: o seu vocabulario, a súa gramática, a súa pronuncia, expresións, etc… resumindo, saber moverme e relacionarme con todas as linguas, ser competente en canto a todas elas.
 Ademais, levo un tempo tendo en mente a idea de comezar a estudar alemán pronto, posto que actualmente é unha das linguas máis pedidas, xunto co inglés e co chinés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario